jueves, 29 de octubre de 2009

Os factores de produción

Os factores de produción son os recursos necesarios para producir bens e servizos.
Estes divídense en tres grandes grupos en función das súas características:


A TERRA:

A terra inclúe todos os recursos naturais e materias primas necesarias para producir calquera ben ou servizo. Por exemplo, a partir das árbores fabricamos o papel.
Os recursos naturais clasifícanse en renovables, non renovables e mixtos.

Renovables: son aqueles que o seu uso non os esgota, como o sol e o vento.


Non renovables: son os que se esgotan cando os utilizamos, como o petróleo e o cobre.

Mixtos: son aqueles que o seu uso os esgota, pero unha explotación razoable e unha xestión sustentable nos permiten dispoñer deles sen límite de tempo.
O TRABALLO:

O traballo é toda aquela intervención humana que teña como obxectivo a produción de bens ou servizos.

A forma máis tradicional de traballo foi o traballo manual, aquel en que a produción depende da nosa intervención física sobre os productos para convertirlos nos bens necesarios.



A evolución das sociedades levounos a traballos nos que xa non se usa tanto a forza manual: labores de coordinación, dirección, ensino, diseño...



O CAPITAL:
O capital é o conxunto de ferramentas, instrumentos e máquinas que nos facilitan a fabricación dos bens e servizos que necesitamos.

Actualmente, o capital engloba tanto as infraestructuras
necesarias para producir o ben coma os edificios en que se sitúan as empresas e as industrias, as máquinas e os elementos de transporte que nos permiten levar os bens desde os lugares de produción ata os de consumo.

A diferenza entre bens de capital e bens de consumo é moi estreita e en ocasións vén soamente determinada polo uso que se fai do ben.

miércoles, 28 de octubre de 2009

A perspectiva económica


Para elixir correctamente as formas de usar os cartos e o tempo dispoñible seguimos catro principios:


1º principio.O custo de oportunidade das nosas decisións: é aquilo ao que se debe renunciar para conseguilo.

2º principio.Os custos irrecuperables ou os custos do erro: son custos irrecuperables e non deben interferir nas nosas decisións actuais.

3º principio.A análise marxinal: supón que as persoas tomamos as decisións sopesando os beneficios adicionais fronte aos custos adicionais no mesmo momento en que eliximos.

4º principio.As persoas móvense por incentivos: dise que as persoas responden ante incentivos cando cambian o seu comportamento por obter algún tipo de recompensa.

viernes, 23 de octubre de 2009

Bens e servizos

Os bens son todas aquelas cousas que se consideran adecuadas para satisfacer as necesidades humanas. Pódense separar en bens materiais (alimentos, roupa, etc.) e bens inmateriais (atención sanitaria, transporte, etc.), chamados servizos.

Clasificación dos bens e servizos:
  • Segundo a súa escaseza ou abundancia: os bens económicos son escasos e non se atopan na natureza, e os bens non económicos ou bens libres son os mais abundantes e os atopamos na natureza.
  • Segundo a súa función: os bens de produción ou de capital son aqueles que serven para producir outros bens sen unha satisfacción inmediata, como as maquinmas e as ferramentas. Os bens de consumo serven para satisfacer directamente unha necesidade. Dentro destes pódense distinguir entre bens duradeiros, que nos permiten un uso prolongado no tempo, e bens perecedoiros, que desaparecen unha vez consumidos.
  • Segundo o seu grao de elaboración: atopamos os bens intermedios, que requiren unha transformación para chegar a ser bens finais ou bens que xa son aptos para o consumo.
  • Segundo a relación que manteñan entre si: están os bens complementarios, aqueles que é necesario consumir conxuntamente, e os bens substitutivos, os que satisfán unha mesma necesidade.
  • Segundo se poidan compartir ou non: bens privados e bens públicos ou colectivos.

A clasificación en bens económicos e bens libres pode variar segundo as circunstancias. Por exemplo, hai zonas nas que a auga é un recurso gratuíto, mentres que noutras é un ben escaso.

jueves, 15 de octubre de 2009

Concepto de economía


¿Que é economía?

Existen diversas definicións para explicar que é a economía, aínda que a máis usada é:

1. A economía á a ciencia que estuda a conducta humana como unha relación entre fins e medios escasos que teñen usos alternativos. Esto soamente refírese á microeconomía.

Pero tamén estudiase un aspecto da realidade social.

A ciencia económica é considerada como unha ciencia social, é dicir, non é unha ciencia exacta.

jueves, 1 de octubre de 2009

Concepto de necesidade

É a sensación de carencia de algo unida ao desexo de satisfacela. A economía interesase especialmente por aquelas necesidades cuxa satisfacción require o emprego de recursos escasos.

Existen dopus tipos de necesidades:
  • As necesidades básicas ou primarias: son aquelas que é imprescindible satisfacer para poder sobrevivir. Exemplos: alimentarse, vestirse, ter unha vivienda, etc.
  • As necesidades secundarias: son as que xorden coa evolución e o desenvolvemento da sociedade, o que tende a aumentar o nivel de satisfacción e benestar do individuo. Exemplos: ocio, comunicación, etc.

Grupo de economía de Trasancos 1º Bac.



Presentamos o noso grupo de traballo que estudiará a Economía rural de Jujuy.