jueves, 12 de noviembre de 2009

Axentes económicos



As economías domésticas:

Están compostas polas persoas, soas ou agrupadas en familias, cuxa función é a de satisfacer as súas necesidades mediante o consumo de bens e servizos.
Coas rendas familiares deben decidir como distribuíla: canto van gastar e en que tipo de bens, canto van aforrar e para que etc.
Como esta renda non é suficiente para satisfacer todas as necesidades, deben elixir de maneira racional que bens se poden adquirir e cales non.


As empresas:

Son os axentes económicos cuxa función básica é a de producir bens e servizos que demanda a sociedade.
A racionalidade das empresas supón que o seu obxectivo é obter os máximos beneficios (diferenza entre os ingresos que obtén a empresa e os custos da súa produción).


O sector público:

O sector público é o ámbito dunha economía que esta directamente controlada polo poder político. Está composto tanto polas administracións e organismos públicos coma por empresas nas que partipa o Estado.
Ademais de realizar outras funcións, ten como obxectivo lograr o benestar colectivo. Estas funcións son:
  1. Proporcionar bens e servizos básicos.
  2. Corrixir desigualdades.

Funcións básicas e obxectivos dos axentes:

As familias teñen unha función de consumo e como obxectivo maximizar o seu propio benestar elixindo aqueles bens que máis as satisfán de acordo coas súas preferencias e o seu limitado orzamento.

As empresas teñen unha función de produción e como obxectivo maximizar os seus beneficios utilizando eficientemente os recursos de que dispoñen para producir os bens e servizos da forma máis rendible.

O sector público ten unha función de regulación do sistema e como obxectivo maximizar o benestar xeral utilizando os recursos de que dispón para producir os bens e servizos públicos necesarios e reducir as desigualdades.


jueves, 5 de noviembre de 2009

Os sectores económicos

En toda economía distínguense tres factores:


O sector primario abarca todas as actividades que extraen productos da natureza de forma directa: agricultura, pesca...

A población activa empregada no sector primario é máis elevada nos países pobres que nos ricos.
As actividades industriais contribúen a xerar riqueza e emprego.
A tecnificación das explotacións provocou unha reestructuración das actividades agrarias. A productividade incrementou pero aínda así non se deu acabado coa fame nos países máis pobres.




O sector secundario engloba as actividades dedicadas a transformar materias primas en productos elaborados: enerxía, industria e construcción.


A poboación activa dedicada ó sector secundario é maior canto máis baixas sexan as rendas do país.


Deslocalización: As empresas intensivas en man de obra tranládanse a países en que os salarios son máis baixos, para producir o mesmo cun menor custo, de tal xeito que os propietarios poidan lograr unha marxe maior de beneficios.


O sector terciario comprende as actividades que non producen bens materiais, senón servizos para a poboación ou para outras empresas.


O sector terciario é heteroxéneo o que quere dicir que inclúe un abano moi amplo no que resulta difícil destacar unha actividade sobre as demáis: transporte, comercio...


Neste sector o peso do factor traballo é considerable en relación con outros factores, de tal xeito que a maior parte dos custos de moitas actividades terciarias derivan dos salarios dos traballadores.