jueves, 28 de enero de 2010
Promover el crecimiento ecológico: medio ambiente y desarrollo sostenible.
jueves, 12 de noviembre de 2009
Axentes económicos

Están compostas polas persoas, soas ou agrupadas en familias, cuxa función é a de satisfacer as súas necesidades mediante o consumo de bens e servizos.
Coas rendas familiares deben decidir como distribuíla: canto van gastar e en que tipo de bens, canto van aforrar e para que etc.
Como esta renda non é suficiente para satisfacer todas as necesidades, deben elixir de maneira racional que bens se poden adquirir e cales non.
As empresas:
Son os axentes económicos cuxa función básica é a de producir bens e servizos que demanda a sociedade.
A racionalidade das empresas supón que o seu obxectivo é obter os máximos beneficios (diferenza entre os ingresos que obtén a empresa e os custos da súa produción).
O sector público:
O sector público é o ámbito dunha economía que esta directamente controlada polo poder político. Está composto tanto polas administracións e organismos públicos coma por empresas nas que partipa o Estado.
Ademais de realizar outras funcións, ten como obxectivo lograr o benestar colectivo. Estas funcións son:
- Proporcionar bens e servizos básicos.
- Corrixir desigualdades.
Funcións básicas e obxectivos dos axentes:
As familias teñen unha función de consumo e como obxectivo maximizar o seu propio benestar elixindo aqueles bens que máis as satisfán de acordo coas súas preferencias e o seu limitado orzamento.
As empresas teñen unha función de produción e como obxectivo maximizar os seus beneficios utilizando eficientemente os recursos de que dispoñen para producir os bens e servizos da forma máis rendible.
O sector público ten unha función de regulación do sistema e como obxectivo maximizar o benestar xeral utilizando os recursos de que dispón para producir os bens e servizos públicos necesarios e reducir as desigualdades.
jueves, 5 de noviembre de 2009
Os sectores económicos

O sector primario abarca todas as actividades que extraen productos da natureza de forma directa: agricultura, pesca...
As actividades industriais contribúen a xerar riqueza e emprego.
O sector secundario engloba as actividades dedicadas a transformar materias primas en
productos elaborados: enerxía, industria e construcción.

O sector terciario comprende as actividades que non producen bens materiais, senón servizos para a poboación ou para outras empresas.
O sector terciario é heteroxéneo o que quere dicir que inclúe un abano moi amplo no que resulta difícil destacar unha actividade sobre as demáis: transporte, comercio...
Neste sector o peso do factor traballo é considerable en relación con outros factores, de tal xeito que a maior parte dos custos de moitas actividades terciarias derivan dos salarios dos traballadores.
jueves, 29 de octubre de 2009
Os factores de produción
Estes divídense en tres grandes grupos en función das súas características:

Renovables: son aqueles que o seu uso non os esgota, como o sol e o vento.
obxectivo a produción de bens ou servizos.A forma máis tradicional de traballo foi o traballo manual, aquel en que a produción depende da nosa intervención física sobre os productos para convertirlos nos bens necesarios.

Actualmente, o capital engloba tanto as infraestructuras
necesarias para producir o ben coma os edificios en que se sitúan as empresas e as industrias, as máquinas e os elementos de transporte que nos permiten levar os bens desde os lugares de produción ata os de consumo.A diferenza entre bens de capital e bens de consumo é moi estreita e en ocasións vén soamente determinada polo uso que se fai do ben.


