jueves, 12 de noviembre de 2009

Axentes económicos



As economías domésticas:

Están compostas polas persoas, soas ou agrupadas en familias, cuxa función é a de satisfacer as súas necesidades mediante o consumo de bens e servizos.
Coas rendas familiares deben decidir como distribuíla: canto van gastar e en que tipo de bens, canto van aforrar e para que etc.
Como esta renda non é suficiente para satisfacer todas as necesidades, deben elixir de maneira racional que bens se poden adquirir e cales non.


As empresas:

Son os axentes económicos cuxa función básica é a de producir bens e servizos que demanda a sociedade.
A racionalidade das empresas supón que o seu obxectivo é obter os máximos beneficios (diferenza entre os ingresos que obtén a empresa e os custos da súa produción).


O sector público:

O sector público é o ámbito dunha economía que esta directamente controlada polo poder político. Está composto tanto polas administracións e organismos públicos coma por empresas nas que partipa o Estado.
Ademais de realizar outras funcións, ten como obxectivo lograr o benestar colectivo. Estas funcións son:
  1. Proporcionar bens e servizos básicos.
  2. Corrixir desigualdades.

Funcións básicas e obxectivos dos axentes:

As familias teñen unha función de consumo e como obxectivo maximizar o seu propio benestar elixindo aqueles bens que máis as satisfán de acordo coas súas preferencias e o seu limitado orzamento.

As empresas teñen unha función de produción e como obxectivo maximizar os seus beneficios utilizando eficientemente os recursos de que dispoñen para producir os bens e servizos da forma máis rendible.

O sector público ten unha función de regulación do sistema e como obxectivo maximizar o benestar xeral utilizando os recursos de que dispón para producir os bens e servizos públicos necesarios e reducir as desigualdades.


No hay comentarios:

Publicar un comentario