viernes, 23 de octubre de 2009

Bens e servizos

Os bens son todas aquelas cousas que se consideran adecuadas para satisfacer as necesidades humanas. Pódense separar en bens materiais (alimentos, roupa, etc.) e bens inmateriais (atención sanitaria, transporte, etc.), chamados servizos.

Clasificación dos bens e servizos:
  • Segundo a súa escaseza ou abundancia: os bens económicos son escasos e non se atopan na natureza, e os bens non económicos ou bens libres son os mais abundantes e os atopamos na natureza.
  • Segundo a súa función: os bens de produción ou de capital son aqueles que serven para producir outros bens sen unha satisfacción inmediata, como as maquinmas e as ferramentas. Os bens de consumo serven para satisfacer directamente unha necesidade. Dentro destes pódense distinguir entre bens duradeiros, que nos permiten un uso prolongado no tempo, e bens perecedoiros, que desaparecen unha vez consumidos.
  • Segundo o seu grao de elaboración: atopamos os bens intermedios, que requiren unha transformación para chegar a ser bens finais ou bens que xa son aptos para o consumo.
  • Segundo a relación que manteñan entre si: están os bens complementarios, aqueles que é necesario consumir conxuntamente, e os bens substitutivos, os que satisfán unha mesma necesidade.
  • Segundo se poidan compartir ou non: bens privados e bens públicos ou colectivos.

A clasificación en bens económicos e bens libres pode variar segundo as circunstancias. Por exemplo, hai zonas nas que a auga é un recurso gratuíto, mentres que noutras é un ben escaso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario