jueves, 29 de octubre de 2009

Os factores de produción

Os factores de produción son os recursos necesarios para producir bens e servizos.
Estes divídense en tres grandes grupos en función das súas características:


A TERRA:

A terra inclúe todos os recursos naturais e materias primas necesarias para producir calquera ben ou servizo. Por exemplo, a partir das árbores fabricamos o papel.
Os recursos naturais clasifícanse en renovables, non renovables e mixtos.

Renovables: son aqueles que o seu uso non os esgota, como o sol e o vento.


Non renovables: son os que se esgotan cando os utilizamos, como o petróleo e o cobre.

Mixtos: son aqueles que o seu uso os esgota, pero unha explotación razoable e unha xestión sustentable nos permiten dispoñer deles sen límite de tempo.
O TRABALLO:

O traballo é toda aquela intervención humana que teña como obxectivo a produción de bens ou servizos.

A forma máis tradicional de traballo foi o traballo manual, aquel en que a produción depende da nosa intervención física sobre os productos para convertirlos nos bens necesarios.



A evolución das sociedades levounos a traballos nos que xa non se usa tanto a forza manual: labores de coordinación, dirección, ensino, diseño...



O CAPITAL:
O capital é o conxunto de ferramentas, instrumentos e máquinas que nos facilitan a fabricación dos bens e servizos que necesitamos.

Actualmente, o capital engloba tanto as infraestructuras
necesarias para producir o ben coma os edificios en que se sitúan as empresas e as industrias, as máquinas e os elementos de transporte que nos permiten levar os bens desde os lugares de produción ata os de consumo.

A diferenza entre bens de capital e bens de consumo é moi estreita e en ocasións vén soamente determinada polo uso que se fai do ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario